Skip to main content
Like
Create new Glog
previous
next
Email share
3203 views | 1 likes | 1 reposts
Lois Pereiro
Lois Pereiro (Monforte, 1958 - A Coruña, 1996) iniciouse na literatura nunha revista experimental, "Loia", aos dezasete anos. Naquela publicación o seu nome apareceu ligado a un grupo de mozos e mozas universitarios galegos como como Antón Patiño, Menchu Lamas, Manuel Rivas, o seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Fermin Bouza ou Vicente Araguas, que editaban esta revista no Madrid dos anos 70. Máis tarde, formou parte do Grupo de Amor e Desamor, un colectivo que editou a mediados dos 80 na Corunha dous libros homónimos. O seu primeiro poemario non veu a luz até 1991, 'Poemas 1981/1991', ao que seguiu en 1994 'Poesía última de amor e enfermidade.' A súa obra tamén se pode atopar en antoloxías como 'Después de la modernidad' (1987) e en revistas culturais daquela altura. Tras a súa morte publicouse 'Poemas para unha Loia', unha escolma da sua poesía de xuventude que tamén inclúe o ensaio 'Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha ciclica historia universal da infamia'. Tamén postumamente apareceu unha novela inconclusa co titulo 'Nufragos do paradiso' (revista Luzes de Galiza) e, recentemente, 'Conversa ultramarina', un diario escrito entre os meses de maio e xuño de 1995.
Cartografía de Lois Pereiro, por Arturo Casas
Explórote cos ollos descúbrote por dentro profanando o teu sangue que levo ó meu desexo pásome por ti examino os teus procesos orgánicos mátote e morro en ti máis docemente ou mellor inocúlame ti a min veleno dos teus dentes mergúllate no meu sangue inxéctate nas veas que te observan e xa doente dóeme a túa dor no teu desexo berrando en cada óso e a túa morte mátame e resúcitame para ao final morrerme morre en min sobrevive letal amor que nunca perde o alento coa súa sede de amor e os seus cinco sentidos.
Recital no Pub Moka (A Coruña, 1996)
poster yourself
Román Cerqueiro Landín (www.cadernodelingua.wordpress.com) IES de Porto do Son, marzo de 2010